A SXMIT invita as empresas TIC a participar na presentación da “Guía de boas prácticas”, aprobada no Consello da Xunta de Galicia de 17 de febreiro e que tenta mellorar a xestión e a sostibilidade dos proxectos tecnolóxicos no ámbito das administracións públicas para ofrecer servizos de calidade á cidadanía.
A elaboración desta Guía está motivada pola especificidade da contratación informática na Administración autonómica e a adopción de medidas que permitan unha racionalización e optimización do gasto en tecnoloxía.
Esta Guía está dirixida, fundamentalmente, aos profesionais TIC e ás unidades de contratación do conxunto de departamentos da Administración Autonómica, dos seus organismos autónomos, sociedades públicas, fundacións do sector público autonómico e demais entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, busca ofrecer ao resto de profesionais non TIC implicados nas contratacións unha visión clara das problemáticas e especificidades da contratación neste ámbito; así mesmo, é unha garantía para empresas do sector xa que se establecen criterios homoxéneos de licitación, valoración e execución dos contratos.
PROGRAMA
Data: 22 de marzo de 2011.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública-Egap (Rúa Madrid, 2-4, Fontiñas - 15707 Santiago de Compostela).
Confirmación de asistencia: sxmit@xunta.es ou nos teléfonos 981 54 52 58 – 981 54 52 72
Comments