A primeira Xornada de Negocio e Networking responde a unha demanda prioritaria do sector

A primeira Xornada de Negocio e Networking responde a unha demanda prioritaria do sector


As empresas galegas do sector TIC precisan ampliar a súa base de contactos para facer crecer o seu negocio. Por esta razón, sinalan como prioritaria a necesidade de que o Cluster  poña en marcha iniciativas para promover o coñecemento e a cooperación intrasectorial. Esta é unha das conclusións do proceso de “escoita activa” ao sector incluido no Plan Estratéxico 2011-2013 do Cluster TIC Galicia. É tamén o principal motivo que impulsa a celebración da primeira Xornada de Negocio e Networking Cluster TIC Galicia.

Un bo número de empresas está xa incrito nesta actividade, que se desenvolverá o vindeiro 16 de febreiro en Santiago de Compostela. Cómpre que as firmas, traballadores autónomos, emprendedores ou asociacións vencelladas ás TIC que queiran tomar parte nela formalicen a súa inscrición canto antes. O obxectivo é que os participantes se coñezan persoal e profesionalmente como primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio.

Fronte a outras inciativas orientadas ao networking, a xornada do Cluster ofrece a vantaxe de estar totalmente focalizada no sector TIC galego, o que favorece a eficacia de cara ao negocio dos contactos que se fagan na xornada. Ademáis, a mecanica elexida para o desenvolvemento da actividade é a ideal para identificar posibles clientes, socios, colaboradores ou provedores. Todos os participantes manterán entre si encontros cara a cara, conforme a un sistema de rotación que garantirá que, ao cabo do día, cada un teña mantido unha entrevista persoal con cada un dos outros participantes.

Para participar, cómpre cubrir a folla de inscrición e remitila a info@clusterticgalicia.com

Primeira Xornada de Negocio e Networking Cluster TIC Galicia

“Facendo nacer as oportunidades”

16 de febreiro de 2012

Hotel Los Abetos. San Lázaro, s/n. 15820 Santiago de Compostela

    9:30h. Recepción dos participantes
    9:45h. Presentación da xornada
    10h. Primeira rolda de encontros bis a bis
    12h. Café
    12:30h. Segunda rolda de encontros bis a bis
    14:30h. Almorzo

Prezo para socios Cluster TIC Galicia: 39€

Prezo para socios de entidades integradas no Cluster TIC Galicia: 49€

Prezo para non socios: 59€

Todos os prezos inclúen o almorzo.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies