O grupo de traballo de Política de Subvencións TIC e Plan Económico-financeiro está a elaborar unha proposta que recolle, entre outros obxectivos, que a pertenza ao Cluster TIC Galicia sexa valorada pola Administración galega como un mérito á hora de optar a axudas e subvencións públicas.
Tal e como expuxo Javier Grandal, portavoz do grupo, ante o Comité Estratéxico celebrado o 20 de decembro, o equipo traballa tamén na liña de acadar capacidade de influencia na redacción das convocatorias de axudas e subvencións, e negociará con entidades financeiras para que os membros do Cluster poidan acceder a ferramentas de financiamento en condicións especialmente vantaxosas.
Comments