A penetración das TIC nas empresas españolas avanzou 6,5 puntos en 2011

A penetración das TIC nas empresas españolas avanzou 6,5 puntos en 2011


Everis e a patronal do sector tecnolóxico Ametic, ambas as dúas membros do Cluster TIC Galicia, presentaron hoxe o informe As tecnoloxías da información e das comunicacións na empresa española 2011. Esta análise, que se fai anualmente e serve para fixar o índice de penetración das TIC no tecido empresarial, detectou o maior avance dos últimos catro anos, cunha mellora de 6,5 puntos que fai que o indicador se eleve ata 43,5 puntos sobre un total de 100 posibles. Con todo, a marxe de mellora é evidente nalgúns aspectos, como é o caso do desenvolvemento de webs corporativas, ferramenta da que aínda non dispoñen o 41,7% das empresas. Galicia ocupa o posto 13º entre as comunidades autónomas, cun índice de penetración das TIC na empresa de 40,9 puntos, 2,6 por debaixo da nota que acada España no seu conxunto.
Ametic e Everis levan once anos elaborando o estudio sobre a penetración das TIC na empresa española. O índice establécese coa media dos tres factores clave que mostran o desenvolvemento tecnolóxico dun país. O primeiro deles é o “uso das TIC”, que obtivo 59,2 puntos sobre cen e o maior crecemento dos tres factores, con 7,7 puntos máis que o ano anterior. O segundo eixo é a taxa de “uso de Internet”, que alcanzou os 44,7 puntos e un incremento anual de 5,8 puntos. Finalmente, a taxa de “uso de comercio electrónico” quedouse en 29,4 puntos, aínda que cun repunte de 6,1 puntos respecto a 2010. Os autores do informe destacan que se conseguiu un avance global importante, rompendo a atonía que se viña detectando desde 2008 e que mantiña a evolución do índice prácticamente estancada.O estudio baséase nos datos obtidos en 3.720 entrevistas con directivos e responsables de informática doutras tantas empresas, rerpesentativas de todos os sectores económicos.

Galicia, por debaixo da media

O indicador de Ametic e Everis reflicte sensibles diferenzas entre as comunidades autónomas no desenvolvemento das novas tecnoloxías na empresa. Canarias é a rexión co maior grao de penetración das TIC, con 47,1 puntos, seguida de Madrid e Cataluña, con 46,3 e 46,1 puntos respectivamente. Galicia obtén un índice de 40,9 puntos, que a sitúa na posición 13ª, a unha distancia de 2,6 puntos da nota que obtén o conxunto de España.Deste xeito, na comunidade autónoma galega usan Internet o 92,1% das empresas, fronte ao 96,8% de Cataluña, que é o líder neste apartado, e as firmas que dispoñen de web corporativa son un 53,9%, fronte ao 66% de Cataluña. Non obstante, un 20% das empresas galegas prevé desenvolver a súa web nos póximos dous o tres anos, o que supón a mellor intención de mellora.En uso do comercio electrónico o retraso de Galicia respecto a comunidade líder neste apartado tamén é notable, cun 44,9% frente ao 59,2% de Madrid. Sen embargo, de novo é en Galcia onde se rexistra a intención de mellora máis notable, cun 15,7% de empresas que pensan comezar a utilizar a venda online nos próximos anos.A situación é similar en emisión  de facturas electrónicas, que en Galicia é  unha realidade para só 9,4% das empresas, frente ao 11,8% da comunidade máis avanzada neste terreo, que é Cataluña.O estudio analiza tamén cales son as fontes de financiamento das inversións TIC das empresas. O resultado para o conxunto de España é que o 82,8% desta inversión se realiza con recursos propios, o 15,7% por medio de préstamos bancarios, o 7,3% con préstamos de organismos públicos e o 4,6% por medio de subvencións a fondo perdido. En Galicia a situación é parecida, cun 85,7% das inversións financiadas con recursos propios, un 16% con préstamos bancarios, un 7,2% por medio de préstamos de organismos públicos e un 4% a través de subvencións a fondo perdido.

Protagonismo dos móbiles

Otro dos  resultados destacados que ofrece o estudio de Ametic e Everis é que o 84,9% das compañías españolas utilizaban terminais móbiles como ferramenta de traballo ao peche de 2011. Isto supón un aumento de dous puntos porcentuais respecto a 2010. Por sectores, as empresas que máis se serviron desta tecnoloxía foron as de construción e as de transporte e Comunicacións, xa que máis do 90% dos seus traballadores os utilizaba asiduamente.Os dispositivos máis utilizados seguen sendo os móbiles convencionais, cun 59,6% do mercado. Non obstante, o uso dos teléfonos avanzados (smartphones) rexistrou un sensible aumento, posto que o 49% das empresas xa traballa con eles.

Uso de Internet

Ao peche de 2011, o 94,5% das empresas españolas traballaba con Internet, practicamente o dobre que hai dez anos. Non obstante, o 41,7% das empresas aínda non dispoñía de web corporativa.Por outro lado, o 27,3% das empresas anunciouse en Internet, o que supón un incremento de 5,5 puntos porcentuais respecto a 2010. Non obstante, o 51,4% destas utilizou o comercio electrónico para adquirir e vender produtos ou servizos, 8,5 puntos porcentuais máis que hai un ano. O informe  sinala que o 45,1% das organizacións que venderon por Internet considera que a axilidade é o maior beneficio da venda online, mentres que o 48,5% sinala que a comodidade é a súa principal vantaxe. Non obstante, só o 3,2% do tecido empresarial español utilizou os terminais móbiles para efectuar compras a través de Internet, un punto porcentual máis que no 2010.En  uso de ordenadores na empresa, España é o cuarto país da Unión Europea. Ademais, rexistrouse un aumento do seu uso de catro puntos porcentuais durante o último ano ata o 96,2%, o que equivale a dous puntos máis que a media dos seus socios europeos. Por diante de España só figuraron Holanda e Finlandia, ambas as dúas cunha penetración do 98,2%, e Bélxica co 97,2%.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies