A I Xornada Empresarial de Brokeraxe Tecnolóxica [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira senta as bases para futuros proxectos de I+D+i

A I Xornada Empresarial de Brokeraxe Tecnolóxica [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira senta as bases para futuros proxectos de I+D+i


Entidades cooperativas do ámbito das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) participaron na Primeira Xornada Empresarial de Broqueraxe Tecnolóxica organizada polo Cluster TIC Galicia e a plataforma tecnolóxica Vindeira. O encontro tivo lugar o pasado 25 de marzo, no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela.

O encontro plantexouse co obxectivo de fomentar o coñecemento entre estruturas semellantes ?fundamentalmente clusters e agrupacións empresariais innovadoras a nivel nacional e internacional? para facilitar a detección de socios potenciais para o desenvolvemento de proxectos de gran alcance e intensivos en Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). A mobilidade, o fogar dixital, o cloud computing, as TIC aplicadas á saúde e os sistemas de información xeográfica foron as principais temáticas nas que se sondaron as posibilidades de cooperación entre entidades e empresas.

Xunto ao Cluster TIC Galicia e a plataforma tecnolóxica Vindeira, participaron na xornada o Cluster TIC Asturias, o Cluster Audiovisual Galego, a Cámara de Comercio de Israel e TICBioMed, agrupación empresarial innovadora que coordina entidades públicas e privadas da Rexión de Murcia para o impulso da innovación tecnolóxica aplicada á saúde.

Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC Galicia, pronunciou o discurso de apertura da xornada, destacando o significado do encontro como oportunidade para establecer lazos persoais e institucionais que axudarán ás entidades participantes a encontrar sinerxias e complementariedades. Todo iso, co obxectivo de identificar partners e socios cos que establecer acordos e alianzas para traballar en proxectos innovadores.

A continuación, os representantes das demais entidades participantes fixeron unha presentación das súas organizacións. Antonio Rodríguez del Corral pechou o encontro cunha exposición sobre o labor dos grupos de traballo de Vindeira.

O evento organizouse no marco da recentemente constituída Agrupación Empresarial Innovadora [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira, acreditación que outorga o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio ás entidades que combinan nun espazo xeográfico ou sector produtivo concreto empresas, centros de formación, unidades de investigación e outros axentes, públicos ou privados, involucrados en procesos de cooperación que lles permitan executar proxectos conxuntos de carácter innovador e acadar unha masa crítica tal que poida asegurar a súa competitividade e visibilidade internacionais. Neste sentido, a [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira busca favorecer a mellora da competitividade das empresas galegas do sector TIC, fundamentalmente a través da I+D+i, e considera estratéxico establecer alianzas con outros axentes nacionais e internacionais.


Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies