A elaboración do Plan de Internacionalización entra na súa última fase

Óscar Santos Rodríguez,

A elaboración do Plan de Internacionalización entra na súa última fase


O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións  é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes os países latinoamericanos e de Europa do Leste. Segundo os traballos avanzados no seo do grupo  de Internacionalización, nestas áreas xeográficas atópanse as oportunidades que mellor se adaptan ao panel de produtos dos membros do Cluster. Dentro de Latinoamérica, os países que se consideran máis interesantes son Brasil, Colombia, México e Arxentina, con Chile e Perú en segundo plano. Estes países contan con economías emerxentes e plantexan unha gran demanda de servizos e tecnoloxía. Polo que respecta a Europa do Leste, as prioridades van cara a Rusia, pola enorme dimensión do seu mercado interno, e Polonia, que é  un gran receptor de fondos da Unión Europea. Ademais, Alemaña tamén se considera un bo terreo de actuación para os socios do Cluster que prestan servizos de software. O Plan de Internacionalización incluirá a posta en marcha de ferramentas formativas, de planificación estratéxica, de titorización, de organizacion interna e de prospección, co obxectivo de que as empresas atopen nos mercados elixidos as ferramentas necesarias para acadar os seus obxectivos de negocio.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies