A Coruña formará parte do Comité de Normalización de Cidades Intelixentes

A Coruña formará parte do Comité de Normalización de Cidades Intelixentes


A cidade da Coruña formará parte do Comité Técnico de Normalización AEN/CTN 178 de Cidades Intelixentes, constituído pola Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) e a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (SETSI).

Ambas as dúas entidades asinaron un convenio para fomentar a normalización no campo das Cidades Intelixentes e contribuír, deste xeito, á súa implantación e despregamento en España. O acordo permitirá a normalización dun novo modelo de desenvolvemento urbano que permita xestionar de forma sostible e intelixente as cidades.

O Comité Español de Normas sobre Cidades Intelixentes establecerá os criterios e parámetros que terán que rexer as Smart City. Entre os seus obxectivos, está definir un mellor aproveitamento dos recursos do desenvolvemento tecnolóxico, sendo o responsable da emisión da postura nacional ante as cuestións que se formulen nos Comités Internacionais de Cidades Intelixentes e elaborando as normas técnicas e documentos nacionais (normas UNE) que dean resposta ás demandas existentes na industria nacional e nas Administracións Públicas.

A Coruña tamén foi elixida vogal do Comité Plenario, encargado do seguemento e coordinación das cidades intelixentes e da relación con outros comités internacionais.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies