A compostelana Iberian Games participará na Madrid Games Week, onde presentaron dous novos videoxogos para iOS e Android

A compostelana Iberian Games participará na Madrid Games Week, onde presentaron dous novos videoxogos para iOS e Android


A editora de videoxogos Iberian Games contará con un espazo propio na feira do sector MADRID GAMES WEEK, que se desenvolverá dende hoxe xoves 16 ate o domingo 19 de outubro no pavillón 8 de IFEMA. A empresa compostelana aproveitará o evento para facer a presentación de lanzamento de dous novos videoxogos para dispositivos móbiles. Trátase de un puzzle lóxico denominado COLORMANIA 2015 e dun xogo tipo Arcade chamado SPACE FIGHTERS INVADERS, un clásico “matamarcianos” que nos recorda ás máquinas de videoxogos que poboaban os bares nos anos 80 e 90.

Con estes, son xa catro os xogos que IBERIAN GAMES ten lanzado desde a súa constitución a finais de maio do presente ano. De cara ao cuarto trimestre do ano teñen previsto o lanzamento de polo menos outros catro videoxogos, algún dos cales será presentado na Feira Fun&Serious Games de Bilbao, que se celebrará nos últimos días de novembro e primeiros de decembro.  

Xa se poden descargar para Android desde a Google Play e nos próximos días estarán as versión para iOS.

COLORMANIA | LUCHADORES DEL ESPACIO

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies