A Asemblea Xeral Ordinaria da luz verde ás contas e ao Plan Operativo para 2011

A Asemblea Xeral Ordinaria da luz verde ás contas e ao Plan Operativo para 2011


None



A Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster TIC Galicia celebrada o 8 de xuño en Santiago de Compostela ratificou o informe de xestión e as contas do exercicio 2010, e deu luz verde ao orzamento e o Plan Operativo para o ano en curso.

A exposición do informe de xestión do exercicio 2010 foi realizada por David Trigo, xerente do Cluster. A continuación, os presidentes dos grupos de traballo de Formación, Financiamento, Innovación, Marketing e Internacionalización fixeron unha breve exposición do traballo realizado, os obxectivos alcanados e os proxectos en marcha. Pola súa banda, Rafael Valcarce, presidente do Cluster, recordou o esforzo realizado para poñer en marcha a estrutura organizativa da entidade , eloxiou o labor dos grupos de traballo e salientou a traxectoria de consenso nas decisións tomadas ao longo do exercicio polo Comité Estratéxico (COES) e o Comité de Dirección (CODI).

Respecto ao Plan Operativo 2011, algúns dos obxectivos que plantexa son impulsar a internacionalización, desenvolver programas de financiamento específicos para o sector, identificar novas áreas de negocio, continuar o labor de formación, mellorar a relación con outros sectores e reforzar a interlocuión coas administracións.

A Asemblea Xeral Ordinaria temén aprobou as cotas para 2011 e ratificou as altas de novos socios: Edmon, S.L.; Emetel Sistemas, S.L.; Engasoft, S.L.; Ergofit, S.L.; Mega Software y Comunicación, S.L.; SIGA 98, S.A.; Software e Comunicación Marka Informática, S.L.; Estratega Consulting Global, S.L.; Atos Origin, S.A.U, e International Business Machines, S.A.

None

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies