A Asemblea do Cluster será de portas abertas e estará precedida pola 28 edición da Lacon Network

A Asemblea do Cluster será de portas abertas e estará precedida pola 28 edición da Lacon Network


A Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster TIC Galicia, que se desenvolverá este venres, día 25, en Santiago de Compostela, a partir das 17 horas, será de portas abertas e estará precedida pola Lacon Network. O Cluster é deste xeito o organizador da 28ª edición desta xa clásica xuntanza periódica de emprendedores vencellados ao sector galego das tecnoloxías de información e das comunicacións, actuando o operador R como patrocinador do evento.

A 28ª Lacon Network (#LaconNetwork) dará comezo ás 13 horas, cunha charla a cargo de Juan Santesmases, conselleiro delegado de Zitralia, quen exporá as claves do éxito deste e outros proxectos, así como a súa visión sobre o futuro inmediato do sector. Zitralia é unha compañía especializada no desenvolvemento de sistemas de seguridade avanzada en entornos distribuídos e sistemas de acceso remoto que, pola súa capacidade innovadora, foi incluída no Top-100 de la revista Red Herring.

Tras a finalización da conferencia darase paso á comida informal e de networking típica de todas as edicións deste evento. Ás 17 horas, en primeira convocatoria, e ás 17:30, en segunda, os socios do Cluster están chamados á Asemblea Xeral Ordinaria, que será de portas abertas, polo que é previsible a asistencia de emprendedores e empresarios non integrados na entidade pero que teñan participado na Lacon Network e queiran quedarse a coñecer de primeira man o labor do Cluster TIC Galicia.

Tanto a conferencia e a comida da Lacon Network como a Asemblea Xeral do Cluster terán lugar no Hotel Los Abetos, no barrio compostelán de San Lázaro.

A orde do día da Asemblea é a seguinte:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria anterior, celebrada o 8 de xuño de 2011.
  2. Ratificación de altas / baixas e cotas ordinarias.
  3. Presentación e ratificación dos informes de xestión do Comité Estratéxico e do Comité de Dirección.
  4. Presentación e aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime Interno.
  5. Presentación e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2011.
  6. Presentación e ratificación do Plan Operativo do ano 2012.
  7. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento do ano 2012.
  8. Rogos e preguntas.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies