8 startups xa inscritas para participar na nova edición de Vindeira Capital Network (VCN)

8 startups xa inscritas para participar na nova edición de Vindeira Capital Network (VCN)


A nova edición de Vindeira Capital Network (VCN) segue avanzando a bo ritmo e xa conta co interese de 8 proxectos empresariais para participar no IV Encontro Vindeira Capital Network, que terá lugar o próximo mes de outubro.

Lebrámosvos que o periodo de inscrición de proxectos permanecerá aberto ata o próximo 6 de setembro, para que todas aquelas ideas empresariais que busquen financiamento teñan a oportunidade de participar nesta nova edición da iniciativa. 

Sexa para un start-up de recente creación, unha spin-off universitaria xurdida dun centro de coñecemento ou unha spin-out corporativa vinculada a unha empresa madura, a iniciativa VCN constitúe unha oportunidade única de entrar en contacto con investidores, públicos e privados, de toda España e optar a levantar financiamento vía capital risco.

Asimesmo, esta nova edición ábrese a proxectos de múltiples sectores económicos, acompañando ao sector TIC proxectos de sectores coma o biotecnolóxico, o audiovisual, o agroalimentario, o da automoción ou sectores cunha forte compoñente tecnolóxica.

Vindeira Capital Network é unha iniciativa promovida polo Cluster TIC Galicia e a Plataforma Tecnolóxica Vindeira.

Formulario de inscrición

Creación_spinouts

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies