O presidente de AGESTIC, José María López Bourio, manifestou recentemente que as PEMES TIC galegas “valoran cada vez máis as vantaxes de obter certificacións UNE/ISO que lles permitan mellorar os seus procesos e ser máis competitivas”.
Estas certificacións, tanto en calidade como en servizos TI, veñen de converterse no factor diferencial entre as compañías, e por elo AGESTIC pretende dar a coñecer as vantaxes de obter este recoñecemento e facer que cada vez sexan máis as entidades do noso país que acaden cadansúas certificacións de calidade ISO.
Neste senso, o vindeiro martes, 30 de novembro, no marco do Plan Avanza, AGESTIC vai levar a cabo en Santiago de Compostela un seminario no que mostrarlle ás empresas “como a ISO 20000 pode axudar ás súas organizacións”.
Neste acto, que dará comezo ás 10:30 horas no Centro ON de Compostela, entregaranse as acreditacións de AENOR ás 15 empresas que participaron no proxecto 2009-2010, para ser clausurado posteriormente polo presidente de AENOR España, Manueol López Cachero e o subdirector xeral da SXMIT, Jaime Barros Leboreiro.
LER MÁIS
Fonte: Código Cero
Comments