O proxecto TIIVII de Cinfo gaña a convocatoria europea “EIC ACCELERATOR” e recibirá 6M€ para converterse no líder europeo de produción automática para deportes

Óscar Santos Rodríguez,

O proxecto TIIVII de Cinfo gaña a convocatoria europea “EIC ACCELERATOR” e recibirá 6M€ para converterse no líder europeo de produción automática para deportes


Cinfo acaba de recibir a notificación oficial da aprobación do 100% do seu proxecto “Tiivii: Smart Automatic TV production for everyone”, presentado á convocatoria europea EIC Acelerator. O EIC Acelerator basase no Instrumento PEME Fase II e de modo innovador proporciona apoio en forma de financiación combinada (combinando subvención e capital).

O esquema EIC Acelerator da Unión Europea apoia “ás pequenas e medianas empresas innovadoras de alto potencial que desexen desenvolver e comercializar novos produtos, servizos e modelos comerciais que podan impulsar o crecemento económico e dar forma a novos mercados ou perturbar os existentes en Europa e en todo o mundo”. 21 empresas como Cinfo foron finalmente seleccionadas entre 1.849 empresas catalogadas como as máis prometedoras da UE. 180 empresas foron finalistas.

A UE valorou que “a innovación de Cinfo é avanzada e disruptiva, podería ter moitas aplicacións e aproveita a fondo a tecnoloxía 5G e a IA; polo tanto, o momento é correcto. Ten o potencial de crear un novo mercado global, que inclúe comunidades ao redor dos deportes e novos modelos de negocio para clubes deportivos.”

O comité do EIC Accelerator aprobou unha inversión combinada de apoio directo e de capital que significa unha toma de participación de ao redor do 20% de Cinfo (pendente de trámites legais e financeiros) e na que se poderían incorporar, de mutuo acordo con Cinfo e o “EIC Fund”, inversores adicionais que queiran comprometerse co proxecto.

O proxecto desenvolverase en 36 meses e, de acordo ao mesmo, Cinfo expandirase ao menos en 9 países e cubrirá un total de 14.000 instalacións deportivas, operando baixo os modelos de negocio B2B e B2C, xa que Cinfo lanzará a súa propia OTT de deportes baixo a marca Tiivii.

Cinfo xa está operando en España, México, Xapón e Suiza.

A inversión en I+D executarase principalmente na sede de Cinfo en A Coruña e terá como partner destacado ao CITIC da Universidad de A Coruña

Sobre Cinfo

Cinfo é unha compañía con sede en Galicia e especializada en sistemas intelixentes de produción automática de vídeo na nube. Ao longo dos seus máis de 15 anos de traxectoria desenvolveron arquitecturas de sistemas de alto rendemento para plataformas OTT (de retransmisión TV a través de Internet), smart TV, televisión dixital, apps móbiles, sistemas de visión artificial e tratamento de vídeo na nube. A tecnoloxía Tiivii de Cinfo permite que cámaras fixas e móbiles gobernadas por intelixencia artificial sigan o xogo e produzan a señal de TV de forma automática.

Cinfo é unha empresa independiente desde xullo 2018. Contou co apoio e a inversión de Xesgalicia, VigoActivo e Enisa.

www.cinfo.es

Máis información en info@cinfo.es e en investors@cinfo.es

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies