Cinfo presenta Tiivii, a súa nova aposta tecnolóxica polo contido en vídeo intelixente

Óscar Santos Rodríguez,

Cinfo presenta Tiivii, a súa nova aposta tecnolóxica polo contido en vídeo intelixente


TV AUTOMÁTICA PARA O DEPORTE E A CULTURA

Tiivii basea os seus produtos na automatización e inmediatez. Esto permitirá que os dispositivos, instalados en calquera recinto cultural ou deportivo, sigan o xogo ou acción de forma automática. A maiores, introducirán grafismos, estatísticas ou locución e enviarán a salida a calquera destino de vídeo. Ademais, soportan emisión multicámara, realidade virtual e a realización en remoto. Isto convérteos nunha potente ferramenta de traballo para produturas deportivas ou de espectáculos.


INICIATIVA CIVIL UAVS DA XUNTA DE GALICIA NAS ROZAS

Cinfo, por outra banda,  tamén traballa con importantes clientes industriais en proxetcos de analítica de vídeo, subministro de metadatos e integración de imaxes con alertas do mundo real captadas con sensores. É participante activo da iniciativa civil UAVs da Xunta de Galicia nas Rozas. Alí os seus sistemas de vídeo están embarcados en distintas aeronaves para permitir o envío ao centro de control de ata seis cámaras por aeronave. Esto permite ao envío ao centro de control  manexar de forma interactiva as imaxes integradas con todos os sensores presentes na nave.

Empresas privadas empregan tamén a tecnoloxía e sistemas de Cinfo na xestión das súas presentacións corporativas internacionais, converténdoas nun evento multimedia en directo.

UNHA FILIAL DE R ADQUIRIDA A TRAVÉS DUN MBO (MANAGEMENT BUY OUT)

A que fora  filiar de R para o desenvolvemento de tecnoloxía en vídeo foi adquirida por un grupo de inversores dirixidos polo exdirector de Innovación de R e presidente de Cinfo e apoiados por outros accionistas xa presentes na compañía. Isto denomínase MBO: Management Buy Out. Esta operación baseouse na continuidade do negocio e o mantemento do emprego a través da renovación do contrato de servizos de innovación coas empresas que integran o grupo Euskaltel.

A día de hoxe Cinfo conta con 45 empregados e o seu plan de crecemento supón triplicar o tamaño da empresa nos próximos 4 anos. Ten a súa sede no centro tecnolóxico para empresas da Universidade da Coruña, coa que xa desenvolveu varias patentes. Tamén mantén relación e outros proxectos cos outros centros tecnolóxicos relevantes de Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies