TEIMAS Desenvolvemento, empresa tecnolóxica especializada en solucións software para xestores e produtores de residuos, foi beneficiaria dunha axuda para empresas innovadoras concedida pola asociación EIT RawMaterials. Formada por empresas, universidades e centros de investigación, esta asociación ten como misión impulsar o crecemento sostible do sector europeo de materias primas mediante a innovación e a educación.
Entre os adxudicatarios desta axuda de 9,8 millóns de euros encóntranse 60 empresas europeas que destacan polo seu alto potencial de crecemento e capacidade de innovación.
ZERØ, o novo proxecto de TEIMAS para xestión intelixente de residuos
Nos últimos anos o modelo de economía circular converteuse nunha prioridade nas políticas da UE, plasmada nun extenso marco regulatorio ambiental que afecta á trazabilidade dos residuos industriais e refléxase na busca de modelos de produción máis sostibles.
Neste contexto cobran importancia novas tecnoloxías como ZERØ, plataforma online de TEIMAS que facilita a xestión intelixente de residuos en grandes corporacións. O desenvolvemento desta ferramenta lanzada a finais de 2018 foi un paso lóxico dentro da traxectoria de TEIMAS, tras 10 anos de experiencia na creación de software para a xestión documental de residuos.
Esta ferramenta asegura a trazabilidade da documentación relacionada coa xestión de residuos e, desta maneira, facilita o cumprimento da normativa ambiental. Por outra parte, potencia estratexias de sostibilidad, xa que a través dos seus cadros de mando permite visualizar índices de negocio, coa posibilidade de promover un modelo produtivo basado na economía circular, incorporar os principios do movmento ZERØ WASTE na operativa e contribuír ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na xestión dos residuos que se producen.
Desde 2019 ZERØ implantouse en varias multinacionais en España en réxime de aluguer de servizo (Software as a Service ou SaaS), unha tecnoloxía que non exixe labores de mantemento, aloxamento nen xestión da seguridade. A axuda concedida por EIT Rawmaterials permitirá seguir ampliando as funcionalidades de ZERØ.
Entre as novidades que se incorporarán a ZERØ encóntrase un proxecto de blockchain para traslados de residuos, que estará operativo en menos de 3 meses. Esta funcionalidade garantirá a inmutabilidade dos datos dos residuos xerados, desde o seu lugar de orixe ata o seu tratamento final nun centro xestor de residuos. Para levar a cabo este proxecto, TEIMAS apóiase nos desenvolvementos de tecnoloxía blockchain de Telefónica e na infraestrutura, asesoramento e recursos do seu hub de innovación, Wayra, a través do programa Telefónica Activation Programme.
Comentarios