Novo recoñecemento á innovación de Plexus Tech co Premio Comunidade do Clúster Saúde de Galicia

Silvia Camesella,

Novo recoñecemento á innovación de Plexus Tech co Premio Comunidade do Clúster Saúde de Galicia


A Agrupación industrial Saúde de Galicia recoñeceu co Premio Comunidade CGS o papel de Plexus Tech en materia de innovación, poñendo en valor o impulso ao ecosistema innovador sanitario que a compañía desenvolve na rexión.

O premio, que recolleu José Manuel Chao Ardao, socio director de Plexus Tech, entregouse na gala dos Premios do VI Fórum “Retos Internacionais do Ecositema Saúde” RIES 2021, que o CSG celebrou o pasado 10 e 11 de novembro no Balneario de Mondariz.

Neste encontro reuníronse os principais axentes do sistema sanitario e sociosanitario para analizar e abordar os retos e oportunidades do sector, con especial atención aos proxectos de transformación dixital que acheguen solucións innovadoras, así como ás iniciativas orientadas a mellorar a calidade asistencial e de coidados e á xeración de negocio e investimento sectorial.

Algúns dos proxectos impulsados desde Plexus Tech no ámbito de saúde son CAREBOT, ISMAEL ou AVECEN.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies