Plexus Tech, tecnolóxica elixida por ECHAlliance como referente no sector saúde

Silvia Camesella,

Plexus Tech, tecnolóxica elixida por ECHAlliance como referente no sector saúde


Plexus Tech é un referente na prestación de servizos profesionais e coas súas solucións pioneiras dentro do ámbito da saúde en España tanto no sector público como privado.

Durante o COVID encargouse do despregamento dos sistemas informáticos de conectividade médico/paciente, así como de dar servizo para que a inmediatez de resultados radiolóxicos, de laboratorio e historial puidesen estar ao dispor do persoal asistencial para dar atención inmediata.

ECHAlliance é un conector global do sector saúde que aglutina 78 países e 4,4 mil millóns de persoas. Conta con máis de 20.000 expertos, provedores de atención médica e social, empresas líderes, investigadores, seguros e grupos de pacientes e cidadáns.

Plexus Tech foi seleccionada polo prestixioso organismo ECHAlliance na súa publicación mensual de outubro, como a compañía tecnolóxica máis destacada no sector saúde e de servizos sociais a nivel internacional, dentro do marco das agrupacións industriais de saúde dun total de 78 países; deste ecosistema de agrupacións industriais forma parte o Clúster Saúde de Galicia, elixido tamén como agrupación industrial de referencia.

Plexus Tech, con máis de 20 anos de experiencia no sector, é líder no mercado das solucións tecnolóxicas máis avanzadas de atención ao paciente en todo o territorio español, e con presenza relevante en mercados internacionais.

A solución propia Quenda Medic para a xestión da atención ao paciente e información a acompañantes, xunto con outras solucións desenvolvidas no ámbito de I+D da compañía, como son SCCOM para a comunicación interactiva cos pacientes en diversos procesos asistenciais e Consultame para a atención asistencial non presencial mediante Videoconsulta integradas coas ferramentas de Historia Clínica Electrónica, despregaron todo o seu potencial durante o último ano e medio coa pandemia que habemos e estamos a padecer, converténdose en sistemas clave para a transformación dixital das organizacións sociosanitarias tanto públicas como privadas.

Plexus Tech lidera ademais dous proxectos europeos H2020. Co proxecto ACCORDION, está a definir unha plataforma de computación avanzada no Edge, e con Charity están a construír unha solución de comunicación inmersiva para aplicacións de holografía e AR/ VR/ XR enfocadas á atención avanzada de pacientes, entre outras áreas de aplicación.

Acerca de Plexus Tech

Plexus Tech é unha compañía tecnolóxica que conta na actualidade con máis de 2.000 profesionais distribuídos nun total de 17 oficinas ou polos tecnolóxicos por todo o territorio español. Ademais, conta con centros operativos en Londres, Lisboa e Franckfurt. A facturación da compañía ascende a 78,5 millóns de euros en 2020. Entre os seus principais clientes destacan a práctica totalidade das empresas do IBEX35, así como os grandes retailers, operadores turísticos e entidades financeiras. Os nosos produtos propios, dentro da área de I+D fixéronnos posicionarnos como un dos grandes partners en materia de saúde, con presenza nas 17 CCAA, servizos sociais e educación. Todo iso, deseñado e desenvolvido polo talento dos equipos de enxeñería, desenvolvemento, sistemas, Big Data, DevOps, Ciberseguridad, etc.


Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies