O 26 e 27 de outubro Plexus Tech participou activamente unha edición máis no Fórum RIES, o fórum internacional de referencia a nivel nacional e internacional para abordar os retos e oportunidades do ecosistema da saúde, organizado polo CSG (Clúster Saúde de Galicia).
O Ágora de Plexus Tech dedicado a "A Transformación Dixital no sector Sociosanitario" e moderada por José Manuel Chao Ardao foi inaugurada polo Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde e a Presidenta da Agrupación industrial Saúde de Galicia, Rocío Mosquera.
Un interesante foro onde se abordaron as claves sobre a transformación dixital nas organizacións sanitarias, cales son as barreiras para a súa adopción e como debemos seguir avanzando nesta materia. O valor engadido neste debate foi contar coa presenza e a participación de destacados profesionais do sector sociosanitario do ámbito da empresa e de organismos públicos e cunha ampla presenza internacional como os representantes do Organismo Gobernamental de Control de Fármacos (MOIC) de Irlanda do Norte.
Comentarios