Plexus Tech xa forma parte do primeiro Living Lab de saúde de Galicia

Silvia Camesella,

Plexus Tech xa forma parte do primeiro Living Lab de saúde de Galicia


Este martes 9 de novembro asinouse o convenio de colaboración de Plexus Tech e outras cinco organizacións que xa son parte do primeiro Living Lab de saúde da comunidade galega, unha contorna para a creación de solucións innovadoras, dentro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que respondan as necesidades dos e as pacientes.

O CHUO contará cun banco de probas reais e unha contorna de experimentación onde os equipos profesionais de varias organizacións de ámbito autonómico poderán desenvolver os seus proxectos vinculados á innovación. As instalacións do hospital ourensán aloxarán o ensaio de solucións innovadoras, destinadas á atención de pacientes maiores, crónicos ou pluripatológicos.

No marco deste proxecto Plexus Tech desenvolverá, con pacientes e profesionais, o proxecto AVECEN, un asistente virtual dinámico que ten o fin de garantir un envellecemento activo dos pacientes neurodegenerativos e, polo tanto, unha mellora da súa calidade de vida.

Este paso consolida aínda máis a Plexus Tech como unha organización motor no ecosistema de saúde de Galicia, poñendo a tecnoloxía ao servizo do usuario nesta contorna para a creación de solucións innovadoras dentro do propio sistema sanitario.


Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies