PlexoTag é unha solución tecnolóxicamente avanzada e deseñada para que ao entrar nos centros educativos, os alumnos se poñan un dispositivo do tamaño dunha tarxeta de crédito que levarán enriba como unha acreditación dunha visita, similar ás utilizadas en congresos ou en visitas a empresas. É como un colgante que nin se darán conta aos pocos minutos que a levan enriba. Ten distintos obxectivos:
1.- A través dun emoji con distintas expresións, os nenos poderán saber si están a unha distancia que poda comprometer a súa seguridade. Pódense programar a que se considere máis segura e tamén práctica, aínda que a noma habitual son dous metros, e durante un tempo limitado. O emoji cambia a unha expresión triste, si supera ese limite, advirtindo aos estudantes que deberían alonxarse para garantir un espazo protexido.
2.- O segundo obxectivo é ter a capacidade de coñecer de forma inminente dous datos fundamentais e que son vitais para intentar levar unha vida normal e non interromper as clases de forma masiva a todo un colexio. O primeiro é, con quén estivo en contacto un neno/a no caso de que haxa un positivo en coronavirus e, de forma totalmente anónima, o servizo médico do hospital pode informar aos pais deses nenos para que se establezan os protocolos de prevención inmediatamente. Por outra parte podemos saber os lugares onde estivo o positivo, polo que non é necesario evacuar todo o centro, senón esterilizar só as zonas determinadas.
Polo momento, é o único dispositivo destas características que se desenvolveron pensando só na seguridade dos escolares, e na tranquilidade dos pais/nais e centros educativos.
Utiliza dúas tecnoloxías: bluetooth e wifi. O primeiro, de baixa frecuencia, permite detectar cada dispositivo entre eles polo que rexistra os contactos a través dun código alfanumérico que só poden descifrar os servizos médicos autorizados. Por outra parte, a wifi permítenos coñecer as ubicacións, polo que podemos saber os lugares onde haberá que desinfectar no caso dun positivo.
Ten un deseño adaptado ao público infantil e también se adapta a unha poboación maior, como estudantes universitarios. Iso sí, só funciona, por seguridade e garantía, dentro do recinto escolar. Cada PlexoTag levará o nome do neno que collerá cada mañá e entregará á saída do colexio.
É anónimo, nada invasivo, cun deseño adaptado ao público obxectivo e proporciona unha seguridade real de atallar de forma inminente un potencial brote nunhas instalacións concretas. Isto permítenos facer os test de forma rápida e evitar máis contaxios intrafamiliares que podan ser potencialmente perigosos.
Acerca de Plexus Tech
Plexus Tech é unha compañía tecnolóxica que conta na actualidade con preto de 1600 profesionais distribuídos nos 3 centros de negocio Santiago de Compostela, Madrid e Palma de Mallorca e nun total de 16 oficinas ou polos de desenvolvemento por todo o territorio español. Ademais conta con centros operativos en Londres, Lisboa e Franckfurt. Entre os principais clientes da compañía sitúanse a práctica totalidade das empresas do IBEX35, así como os grandes retailers, operadores turísticos e entidades financeiras.
O seus produtos propios, dentro da área de I+D posicionanos como un dos grandes Partners en materia de saúde, con presenza nas 17 CCAA, servizos sociais e educación. Todo elo, poñendo por bandeira o gran talento dos equipos de enxeñaría, desenvolvemento, sistemas, Big Data, DeVops, Ciberseguridade, etc.
Comentarios