O pasado 25 de outubro, desde Plexus Tech tivemos o pracer de acompañar ao noso partner Liferay no seu evento anual Liferay Partner Summit, un evento anual que a compañía estadounidense realizou en Madrid para profundar nas experiencias e coñecemento da súa rede de partners.
A cita constou de dúas xornadas que aproveitamos para conectar con outros partners EMEA, compartindo casos de éxito nas tecnoloxías de Liferay e así enriquecendo o noso mabanico de solucións para darlle o mellor aos nosos clientes.
A compañía aproveitou o Partner Summit para expoñer as últimas novidades de Liferay Experience Cloud, destacando as vantaxes e beneficios que presenta con respecto aos seus competidores, así como a solución DXP SaaS ou outras do estilo.
A axenda do evento contou con multitude de atractivos, como unha interesante intervención telemática de Bryan Cheung, o CEO de Liferay, ou un repaso á estratexia de futuro da compañía con respecto á súa rede de partners con Bryan Kim, o seu responsable de vendas global.
Comentarios