Os directores xerais de PuntoGal, Darío Janeiro e o dos desenvolvedores de Opentrad, imaxin|software , Diego Vázquez, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar o uso do galego no entorno dixital. Mediante este acordo búscase aproveitar os avances en tradución automática en relación co galego para incorporar esta lingua ás webs con dominio PuntoGal.
Wordpress é o sistema de mantemento de contidos máis usado na rede, chegando a significar, nalgunhas estimacións, un tercio do total das webs que están funcionando actualmente, e achegándose aos 500 millóns de páxinas web. Este acordo permite que os usuarios que teñan activada a posibilidade de ter contidos en varios idiomas podan automatizar a súa versión en galego, por exemplo.
No acto de sinatura, Darío Janeiro manifestou que “este é so un primeiro paso para facer máis doada a presenza do galego nunha das plataformas máis populares, robustas e usadas na rede”, destacando “a facilidade de uso e a fiabilidade do sistema tradución, froito dunha estreita colaboración con Opentrad nestes últimos anos”.
Pola súa banda, Diego Vázquez destacou as enormes posibilidades que a tradución automática e outras ferramentas da lingua ofrecen os galegos e dende Opentrad estamos felices de poder colaborar con PuntoGal para que os usuarios de Wordpress dispoñan de xeito integrado o noso sistema de tradución.
A posta en marcha e extremadamente sinxela e se pode acceder, desde hoxe mesmo, na dirección https://i.gal/otrad, onde os usuarios con un dominio .gal poderán descargar o plugin e activar a conta de Opentrad. A guía de instalación pódese ler aquí: https://i.gal/got
PuntoGal e o Opentrad
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 6.900 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.
Opentrad é a plataforma líder en servizos de tradución automática en código aberto. Opentrad permite asumir os custos derivados da xestión do multilingüismo aforrando tempo e diñeiro. Ademais, polo seu carácter de software libre, elimina a dependencia dun único provedor e os custos de licenzas.
Comments