A Xunta de Galicia puxo en marcha unha plataforma de Tele-educación durante a crise do COVID-19.
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, co impulso e liderado tecnolóxico da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, puxo a disposición dos profesores e alumnos unha plataforma de Tele-educación que permite que os profesores e alumnos poden continuar o seu traballo e a formación de forma telemática, en calquera momento, lugar e accedendo á mesma desde gran variedade de dispositivos (ordenadores, smartphones, tablets…).
As principais funcionalidades da plataforma permiten: crear salas de colaboración virtuais (aulas) para levar a cabo videoconferencias, sesións de traballo ou de formación; coa posibilidade de compartir documentos e utilizar pizarras virtuais; así como realizar preguntas ao profesor, enviar mensaxes instantáneos aos participantes, controlar dispositivos de forma remota, e grabar as sesións para o seu posterior visionado.
Habilitaronse máis de 33.600 aulas ou salas virtuais. O seu funcionamento pode xestionarse e supervisarse en termos técnicos por medio dos informes e ferramentas de control que proporciona a propia plataforma. Ademais, todas as comunicacións teñen lugar de forma segura sobre canles cifrados.
A plataforma está totalmente operativa, e a tecnoloxía seleccionada foi Cisco Webex Meetings, implementada pola AMTEGA co apoio da multinacional española SATEC, despois dun traballo de tan só dúas semanas.
Sobre Grupo SATEC
GRUPO SATEC, Sistemas Avanzados de Tecnología, S.A. é un grupo de empresas español integrador de solucións avanzadas de TI. Desde 1988 promove innovación e incorpora as novas tecnoloxías na súa oferta de ferramentas, solucions e servizos para a mellora da competitividade e os procesos de negocio dos seus clientes. Con capital 100% español, o GRUPO SATEC comprende as compañías SATEC, INTELCOM, SATEC ALGÈRIE, SATEC ENHANCED SERVICES, SATEC GLOBAL SERVICES e INTERHOST, que reflexan unha vocación de presencia global.
Comentarios