A tecnolóxica galega Nunegal adquire o 100% de Saec Data, continuando o seu proceso de crecemento

Silvia Camesella,

A tecnolóxica galega Nunegal adquire o 100% de Saec Data, continuando o seu proceso de crecemento


Con esta incorporación, Nunegal Consulting amplía e reforza a súa carteira de servizos, pasando a ter un equipo de máis de 300 persoas, con oficinas na Coruña, Barcelona, Bilbao e Vigo. Saec Data, con sede na cidade olívica e fundada en 1984, conta cun importante volume de operacións a nivel nacional, e centra a súa oferta de produtos e servizos principalmente no sector do mar.

Para Juan Sanjuan, CEO de Nunegal, “esta adquisición supón a suma dun equipo de profesionais con gran experiencia no sector, que nos permite abrir novas vías de crecemento e fortalecer o noso posicionamento, en concreto, no ámbito do mar”.

Enrique Pérez, director de Saec Data, sostén que “a operación se produce no momento e coa empresa adecuadas, xa que Nunegal dispón de coñecemento no sector do mar, o que facilita a continuidade do traballo que realizamos desde Saec Data”.

Desde as empresas do grupo Nunegal ofrécese unha ampla gama de produtos e servizos, como os seus dispositivos holográficos Show Window de Newtonlab Space, que permiten realizar unha telepresencia en tempo real ou mostrar contidos holográficos en escaparates ou museos, aplicando IA e Unreal.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies