Inforhouse, presente no seu espazo virtual, no Talentia Summit 2023

Silvia Camesella,

Inforhouse, presente no seu espazo virtual, no Talentia Summit 2023


Inforhouse estará presente no seu espazo virtual no Talentia Summit 2023,  a maior feira virtual do talento e o emprego, o 14 e o 16 de novembro.

Este encontro, de carácter anual, está centrado na innovación, tecnoloxía e talento. Nesta edición, explorararase o futuro do traballo e como a intelixencia artificial está a transformar o mercado laboral. 

Inforhouse participa por segundo ano consecutivo neste foro e feira virtual de emprego, como xeito de achegar a empresa ao mercado  laboral, permitindo que posibles candidatas e candidatos poidan formar parte do futuro da compañía e a coñezan de preto. 

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies