Xornada de csUrbanismo no Centro Demostrador TIC da Xunta de Galicia

Xornada de csUrbanismo no Centro Demostrador TIC da Xunta de Galicia


Avansig organiza unha xornada de presentación sobre a ferramenta csUrbanismo o vindeiro venres 7 de Marzo, no Centro Demostrador TIC da Xunta de Galicia (CDTIC)

A sesión, dirixida a estudos de arquitectura-urbanismo e consultoras de enxeñaría que redactan plans de ordenación, busca achegar aos Equipos Redactores de Plan Urbanístico unha ferramenta SIG para a xestión integral de proxectos de redacción de plans xerais.

Esta ferramenta establece unha nova metodoloxía e propón novas alternativas de análises e procesado da información sistematizando as fases de información e ordenación urbanística, deste xeito redúcese drasticamente o esforzo empregado na execución de proxectos de ordenación territorial.

Máis información e rexistro na Web de CDTIC.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies