A través del blog de Velneo, la plataforma de desarrollo de aplicaciones de Visual MS, infórmase de que, tras a boa acollida que tivo a versión básica de Velneo vERP, está a traballar xa nunha nova versión do produto, vERP Profesional, que verá a luz en novembro.
O obxectivo é facer un produto destinado aos programadores de Velneo sobre o que, sen empezar dende cero, poidan construír a súa propia solución de xestión empresarial que se adapte ás necesidades dos seus clientes optimizando tempos de resposta e obtendo a máxima rendibilidade. Por esa razón, vERP Profesional incluirá as funcionalidades que foron máis valoradas na enquisa na que participou unha gran parte dos usuarios de Velneo vERP versión básica.
Velneo informa tamén de que os días 15 e 16 de novembro participará en Life is soft.
Comments