Entre o 25 de outubro e o 15 de novembro, en colaboración con XesGalicia e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), desenrolouse a fase de formación de VCN13, Vindeira Venture Academy, en instalacións en Vigo do Círculo de Empresarios de Galicia. Nesta sede desenrolouse un programa de formación no que as tutorías e o mentoring individualizado representaron o 85%. Este dato da idea de ata qué punto a formación impartida se adaptou ás necesidades e características particulares de cada emprendedor e proxecto. Nas sesións participaron representantes de empresas como Google, Orange, Elogia ou Confirmsign, que compartiron a sua experiencia cos emprendedores.
Jacobo García Durán, director de Vindeira Venture Academy móstrase moy satisfeito do desenrolo das actividades formativas, así como da "adecuación do programa ás necesidades dos emprendedores, fruto da activa vixilancia tecnolóxica e de accións de benchmarking nas que se vén traballando dende edicións anteriores". Destácase tamén o nivel dos proxectos participantes, o que invita ó optimismo de cara ó volumen de inversión privada que poderán conseguir.
A positiva valoración da experiencia é compartida por David Calvo, responsable de Sinaturas, quen indica: "Vindeira Venture Academy aportounos novos enfoques que nos permiten centrar correctamente os nosos obxectivos comerciais e de negocio, ó mesmo tempo que nos axudan a mostrar o noso proxecto de maneira atractiva para os inversores". Pola sua parte, Alberto Camba, de Neteleven asegura que a principal aportacición da fase de formación de VCN13 foi axudarlle a "definir o modelo de negocio que mellor se adapta ós nosos intereses e, obviamente, o modo de presentar a nosa iniciativa a inversores do mellor modo posible". Valentín Barral, de Postrum, resumeo do seguinte modo: "A academia estanos axudando a transformar o que era tan só unha idea con potencial nun proxecto de negocio atractivo para o inversor e con posibilidade de ser rentable no futuro"
Comments