Vindeira e o Cluster presentarán nunha xornada propostas de proxecto para a obtención de Fondos Tecnolóxicos

Vindeira e o Cluster presentarán nunha xornada propostas de proxecto para a obtención de Fondos Tecnolóxicos


O próximo 25 de setembro terá lugar no CITIUS, situado no Campus Sur da Universidade de Compostela, unha xornada na que Vindeira, en colaboración co Cluster TIC Galicia, presentará catro propostas de proxecto para a obtención de Fondos Tecnolóxicos e na que se promoverá a creación de consorcios

As propostas de proxecto forman parte da Axenda Estratéxica de I+D+i que comparten Vindeira e o Cluster TIC Galicia e, se ben a priori non están orientadas a ningunha convocatoria en concreto, poderían encaixar no marco do Fondo Tecnolóxico ou, nalgún caso, en convocatorias europeas.

A xornada, que comezará ás 16 h e finalizará ás 20 h, estruturarase en torno a catro grupos de traballo nos que as empresas e grupos de I+D asistentes poderán achegar ideas sobre como facer os proxectos, compoñentes de I+D a desenvolver, socios internacionais, etc.

As temáticas que se proporán na xornada son as seguintes:

  • Aula Internacional Interconectada
  • Aldea Dixital
  • Comercio do Futuro
  • Fidelización do Turista
Axenda e inscrición

Adxúntase a axenda da xornada, na que se describen as temáticas referidas con maior detalle, así como o mecanismo de traballo previstao.

Para inscribirse na xornada cómpre encher o  formulario web disponible no siguiente enlace: http://bit.ly/Nxhv6I.

Por motivos loxísticos, é preciso especificar o Grupo ou Grupos de Traballo no que se quere participar (os Grupos de Trabajo reuniranse de xeito paralelo).

Cabe recordar que o Programa Operativo do Fondo Tecnolóxico ten o seu peche no ano 2013 polo que é altamente recomendable presentar ao CDTI propostas de proxecto antes de finais de 2012.

Resumo de características e datas clave de Fondo Tecnolóxico.

Axenda da xornada

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies