Quince start-ups dos ámbitos das TIC e do software aplicado á Biotecnoloxía participan no foro de inversión da IV Edición de Vindeira Capital Network (VCN13).
Durante dúas xornadas (21 e 22 de novembro) os emprendedores terán ocasión de expoñer os seus proxectos ante os máis importantes fondos de capital risco e inversores privados de toda España. En concreto contaremos coa participación foránea de 22 inversores que aglutinan unha capacidade inversora de 35M€.
No acto de presentación do evento contamos coa participación de Juan Cividanes, director xeneral de Xesgalicia, Reyes Leis Rodríguez, concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados do Concello de Santiago de Compostela, e Santiago Novoa, director do gabinete de Presidencia de Novagalicia Banco.
Desenvolvemento do foro de inversión
O foro dará comezo hoxe, 21 de novembro, ás 16:30 horas, cun acto de apertura ao que están convidados os medios de comunicación e no que participarán os colaboradores (Xesgalicia) e patrocinadores do evento (Concello de Santiago de Compostela, Novagalicia Banco e R). A continuación, e xa a porta pechada, comezarán as presentacións dos emprendedores, co formato elevator pitch, ante os inversores.
Na xornada do día 22 continuarase coas presentacións e farase a clausura ás 13:00 horas, na que contaremos coa participación de Mar Pereira, directora da AMTEGA.
Comentarios