Un membro do Cluster TIC Galicia participa no desenvolvemento dun ‘pastilleiro intelixente’ con conexión 3G

Un membro do Cluster TIC Galicia participa no desenvolvemento dun ‘pastilleiro intelixente’ con conexión 3G


A compañía internacional de servicios de tecnologías de la información Atos, membro do Cluster TIC Galicia, é un dos socios do consorcio PAUTA, que está a desenvolver un novidoso pastilleiro electrónico intelixente, concebido para axudar aos pacientes de idade avanzada a controlar a súa medicación baixo supervisión médica.

Segundo informou Atos, o consorcio PAUTA é totalmente español, ao estar integrado pola empresa Insyte, que exerce o liderado, o departamento de I+D de Atos, o Centro de Innovación Experimental do Coñecemento (CEIEC) da Universidad Francisco de Vitoria e o Centro de Innovación en Movilidad (CEDETEL-CIM).

O sistema que entre todos están a desenvolver consta dun dispensador electrónico con conexión por telefonía móbil 3G operado por unha aplicación de software disponible a través de internet. O dispensador énchese unha vez ao mes coas dosis prescritas polo médico e só se abre ás horas marcadas polo facultativo. A idea é que se conecte con teléfonos móbiles ou dispositivos de teleasistencia que avisarían ao paciente ás horas de tomar a medicación.

En principio, a aplicación de software estase a desnvolver para Windows Phone, aínda que tamén se consideran o posible desenvolvemento de aplicacións para Android e Iphone.

Fonte: Atos

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies