Itelsis naceu en 1989 como un proxecto tecnolóxico innovador e orientado ao cliente en deseño, fabricación e instalación de equipos para a difusión da televisión e a integración de equipos e sistemas de telecomunicacións. Hoxe é unha compañía diversificada e unha referencia internacional en tecnoloxías vencellada á televisión dixital. Á súa fronte, una faciana nova. A de Gerardo García Alvela. O director xeral desta compañía compostelá é unha persoa convencida de que é posible competir desenvolvendo e fabricando produto en Galicia, e comprometida co fortalecemento do sector TIC na comunidade autónoma.
A compañía está moi centrada no desenvolvemento de produto e no servizo aos nosos clientes. Neste sentido, Itelsis é unha empresa que centra a súa actividade no ámbito tecnolóxico dentro do sector da difusión de televisión, deseñando, fabricando e integrando os seus propios produtos nas redes dos distintos operadores de televisión, broadcasters, etcétera. Ademáis, desenvolvemos e implementamos proxectos para operadores de telecomunicacións e solución eTIC customizadas para outros sectores emerxentes onde as novas tecnoloxías son un elemento básico e imprescindible para o seu crecemento.
Actualmente estamos nun proceso de consolidación do noso proxecto empresarial Itelsis Group no que, ademáis da potenciación das nosas actividades no mercado internacional, acabamos de adquirir participacións estratéxicas en dúas empresas que se caracterizan polo seu perfil dinámico, alto grado de especialización e valor engadido no seu traballo. Silenus é unha consultora que propón a tecnoloxía como palanca de cambio para a mellora dos procesos das organizacións aumentando a súa productividade e competitividade, e Proinfo é unha empresa de servizos con ampla experiencia no despregue e mantemento de redes de telecomunicacións. Ademáis estamos apostando por unha start-up tecnolóxica que se centrará no desenvolvemento de aplicacións e solucións TIC para os sectores enerxético e medioambiental.
Non só é posible fabricar en Galicia senón que é imprescindible para a evolución da nosa sociedade e a xeración de emprego sostible e de calidade. Durante os últimos anos estamos vendo que os países que mellor están aguantando no contexto económico actual son aqueles cun sector industrial forte e, neste sentido, Itelsis non deslocalizou a producción porque somos conscientes da necesidade de industrializar a nosa comunidade autónoma. Ademáis, consideramos que é posible competir desde Galicia sempre que aportemos valor engadido e diferenciación aos nosos productos.
O proceso de transición á televisión dixital aínda non está rematado en España pois queda pendiente o plan de liberación do dividendo dixital, que trae consigo novas oportunidades de negocio. Sen embargo, somos conscientes de que estamos ante un mercado global, en constante evolución e moi dinámico, polo que a empresa está actualmente mergullada nun proceso de innovación, expansión internacional e diversificación que lle permita abordar os novos retos.
O cambio de plans na liberación do dividendo dixital e a intención de reducir o número de canles de TDT é unha decisión que afectará a toda a cadea de valor da televisión dixital en Galicia e en España (televisións, radiodifusores, fabricantes, industria de contidos, instaladores, antenistas…), que segundo as nosas fontes xera máis de 46.000 postos de traballo en España. Esta decisión implicaría a renuncia por parte das televisións da metade do espectro que teñen asignado, impedindo a evolución tecnolóxica da televisión dixital cara a alta definición e o 3D, polo que consideramos que no caso de concretarse esta ameaza sería moi negativo para o noso sector e para o usuario final.
Estamos centrando os esforzos na internalización dos nosos productos e, neste sentido, traballamos na transición da televisión analóxica á dixital en diversos países de Europa, sudeste asiático e Australia. Asimesmo, en Itelsis temos o firme obxetivo de entrar no mercado latinoamericano.
Itelsis considera que o I+D é o piar fundamental que sustentan o desenvolvemento tecnolóxico da compañía, e por esta razón os produtos que se diseñan no departamento de I+D teñen sido, son e serán a base na que se sustenta a facturación de la compañía. Temos o 30 por cento da plantilla no departamento de I+D e investimos anualmente entre un 10 e un 15 por cento da nosa cifra de negocio, o que confirma o compromiso de Itelsis coa investigación como fonte de progreso da nosa actividade.
Itelsis é unha empresa galega, que deseña e produce en Galicia e estamos dispostos a seguir traballando no desenvolvento tecnolóxico e potenciando a colaboración coas empresas do noso sector para conseguir un sector ETIC (Electrónica e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) máis forte na nosa comunidade autónoma.
Comentarios