Éxito da xornada de transferencia tecnolóxica celebrada na sede ferrolana de CIS Galicia

Éxito da xornada de transferencia tecnolóxica celebrada na sede ferrolana de CIS Galicia


O pasado 24 de maio desenvolveuse no centro CIS Galicia de Ferrol a Primeira Xornada Vindeira Transferencia Tecnolóxica (VTT), que constituiu o primeiro evento organizado por Vindeira no que puideron participar todos os membros do Cluster TIC Galicia, en viturde do convenio suscrito entre ambas as dúas entidades.

Neste acordo, asinado o pasado mes de marzo, establécese que o Cluster e Vindeira traballarán de maneira conxunta para desenvolver programas de investigación e desenvolvemento (I+D) que permitan o máximo aproveitamento dos recursos en beneficio da competitividade das empresas TIC galegas, acordándose que as actividades nesta liña que desenvolva Vindeira estarán abertas a todos os membros do Cluster TIC Galicia.

E así sucedeu na xornada desenvolvida o pasado día 24, na organización da cal Vindeira colaborou con Gradiant, e que contou co apoio da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e do CIS Galicia.

Os obxectivos que se marcou a xornada foron promover a innovación a través de cooperación tecnolóxica e a explotación dos resultados da investigación; ofrecer un punto de encontro para facilitar a relación e a colaboración entre os grupos de investigación e as empresas do sector; coñecer o estado da oferta e da demanda tecnolóxica, e promover a creación de empresas de base tecnolóxica a partir dos resultados de I+D das universidades e centros tecnolóxicos galegos do sector TIC.

Participaron representantes de grupos de investigación das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, dos centros tecnolóxicos, da Plataforma de Innovación do Servicio Galego de Saúde (SERGAS) e de empresas, estando o encontro aberto a todos os membros do Cluster TIC Galicia.

Os organizadores fixeron un balance moi positivo das sesión de traballo, éxito que permitirá poñer en marcha nos próximos meses unha nova xornada para que un grupo de empresas poida coñecer in situ algunhas das tecnoloxías en fase de desenvolvemento das que se falo no encontro de Ferrol.

Na web oficial del evento quedaron aloxadas as intervencións da xornada.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies