Éxito da Lacon Network organizada polo Cluster

Éxito da Lacon Network organizada polo Cluster


Organizada polo Cluster TIC Galicia e patrocinada polo operador R, a vixésima oitava edición da Lacon Network celebrouse o pasado venres, día 25, en Santiago de Compostela. Asistíu un bo número de emprendedores do eido das novas tecnoloxías, que compartiron a tradicional comida de confraternización e networking que distingue a este evento, xa un clásico no sector.

Antes do xantar, e segundo o programa establecido, Juan Santesmases, conselleiro delegado de Zitralia, ofreceu unha charla na que deu conta da súa experiencia á fronte deste proxecto, incluído no Top-100 da revista Red Herring, e noutras iniciativas empresariais innovadoras nas que participa.

Santesmases expuso as que, ao seu xuizo, son condicións claves para sacar adiante un proxecto empresarial. Entre elas, sinalou que cómpre estar preparado para a posibilidade de ter que subsistir sen ingresos durante os primeiros 18 meses, e asegurou que é fundamental elixir ben aos socios e obter deles un compromiso pleno. Engadiu que poñer en marcha unha empresa supón un “esforzo extraordinario” no que hai que perseverar cando menos dez anos e deu algúns consellos para construír un bo equipo.

Verbo dos lugares ideais para poñer en marcha proxectos empresariais, sinalou que os países anglosaxóns e a Chile, por ofrecer as contornas más profesionais. Advertiu, non obstante, que España, sen ser o país ideal para os emprendedores, ofrece a vantaxe duns custos operativos moderados.

Santesmases animou aos emprendedores a internacionalizar as súas empresas, pero advertiulles de que este é un proceso no que a implicación do empresario debe ser directa, xa que o recurso a representantes, intermeciarios ou free-lances non adoita dar bos resultados.

A 20ª edición da Lacon Network estivo organizada polo Cluster TIC Galcia e desenvolveuse antes da Asemblea Xeral Ordinaria 2012, que foi de portas abertas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies