Trinta empresas participarán na misión comercial a Brasil

Trinta empresas participarán na misión comercial a Brasil


Trinta empresas inscribíronse para participar na misión comercial directa a Brasil coordinada por Eganet e na organización da cal participa o Cluster. O prazo para sumarse á iniciativa concluíu o pasado 11 de marzo.

Con anterioridade, o Cluster sondou os intereses e prioridades das empresas interesadas, a fin de elaborar unha planificación que garanta á máxima eficacia da acción, dirixida a un dos mercados emerxentes máis importantes do mundo, que para as empresas galegas ofrece ademais a vantaxe do idioma. A misión terá lugar no próximo mes de setembro.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies