Redegal participará na feira eShow de Barcelona como empresa de referencia no sector ecommerce

Redegal participará na feira eShow de Barcelona como empresa de referencia no sector ecommerce


Redegal, a empresa galega de enxeñaría dixital para as vendas e consultoría tecnolóxica, estará presente na feira eShow Barcelona 2014, que terá lugar os próximos días 12 e 13 de marzo na Fira de Barcelona. A empresa participa por primeira vez neste evento coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario e apoiada polos bos resultados cultivados con grandes contas nacionais, pero tamén de México, onde a entidade deu o salto a finais do ano pasado. 

eShow é o principal circuíto feiral na península Ibérica e Latinoamérica, dedicado a ecommerce, Mercadotecnia online, hosting e Cloud Computing, redes sociais, tecnoloxías móbiles e firma dixital. Ao longo de sete encontros repartidos polas principais cidades desta circunscrición, Barcelona será o evento inicial que reunirá ás mellores empresas tecnolóxicas de España e do resto do mundo. 

Coa complicada tarefa de manterse entre as firmas de referencia nun sector moi competitivo e en constante cambio, a axencia acudirá á feira cun concepto de caseta innovadora co que pretende transmitir simbólicamente os valores que a empresa imprime en cada un dos seus proxectos: deseño, operatividade, facilidade de uso, inmediatez... 

Innovación tecnolóxica 

Ademais de participar desta "performance", os visitantes á caseta de Redegal (caseta nº76) poderán coñecer de primeira man os últimos proxectos da empresa no ámbito do ecommerce e das aplicacións móbiles, pero tamén novas solucións e contidos dixitais para a optimización das súas estratexias de venda e fidelización online. 

Entre estas solucións cabe destacar a ferramenta opensource Wirebrush4SPAM para plataformas web, ecommerce e Mobile commerce. Trátase dun filtro antispam, completamente funcional e de gran velocidade, que ten como principal utilidade o filtrado de comentarios introducidos nunha plataforma online. En termos de aplicación práctica, esta ferramenta permitirá que a web poidan ter un maior grao de interacción cos usuarios finais, até agora obstaculizada pola masiva difusión de "mensaxes lixo". 

Tamén estará accesible para coñecemento do público un novo medio interactivo con contidos dixitais para potenciar o engagement do cliente e a integración das contornas off e online. 

Así como o avance dunha unha ferramenta capaz de analizar a usabilidade das interfaces dos desenvolvementos web e móbil da empresa, e que prevee o seu lanzamento para o verán. Esta aplicación permitirá o estudo e análise dos elementos e comportamentos de interacción en contornas multidispositivo mediante técnicas aplicadas á gamificación.

Relatorios 

Gerardo Rodríguez, Director de Operacións de Redegal participará nos Fast Talk o día 13 de marzo ás 11:00 h. co relatorio "Do commerce ao ecommerce, unha evolución natural", onde falará do proceso de adaptación que necesariamente ha de adoptar o comercio tradicional para vincular o mundo offline co online e asegurar, así, a súa supervivencia. 

Simultaneamente, na área de mobilidade, Hector Ferrando, Director Comercial da empresa, abordará a revolución que a tecnoloxía móbil supuso para todos os ámbitos da sociedade e da empresa. Farao na súa charla ás 11:00h do día 13 baixo o título "Mobile, da publicidade ás vendas, o mundo nas nosas mans". 

Redegal

Redegal é unha empresa de enxeñaría dixital para as vendas e consultoría tecnolóxica, constituída no ano 2004 por profesionais de gran experiencia no sector TIC. O seu equipo está formado por profesionais especializados en desenvolvemento informático, empresarial e da comunicación dixital e repartido entre as oficinas de Ourense, Vigo, Madrid, Barcelona e México DF. 

Nos últimos anos os proxectos da empresa enfocáronse fundamentalmente ao desenvolvemento e optimización de plataformas ecommerce, así como de aplicacións para redes sociais e dispositivos móbiles.  

Cunha dilatada experiencia no sector téxtil-complementos e da alimentación, Redegal está a asesorar e xestionando os proxectos online de grandes firmas nacionais. 

O Plan de Expansión Internacional iniciouse a finais do pasado ano 2013 con México como primeiro obxectivo. A pesar do curto período de tempo que transcorreu desde entón, a empresa xa está a desenvolver proxectos con grandes corporacións mexicanas e que poderán ver a luz proximamente.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies