Proposta para a contratación de xestores de internacionalización a través do Cluster

Proposta para a contratación de xestores de internacionalización a través do Cluster


En relación á convocatoria de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para este fin, o Cluster TIC Galicia quere coñecer o interés dos socios na contratación dun xestor de internacionalización, que traballaría de xeito conxunto para varias empresas.

A convocatoria permite ás empresas contratar profesionais especializados en internacionalización ben de xeito individual ou ben a través de clusters. Nembargantes, contratar o xestor de innovación por medio do cluster ten interesantes vantaxes na porcentaxe da inversión que se subvenciona, nos importes máximos e na duración do contrato, que no caso da empresa individual é dun ano e no caso dos clusters, de tres anos.

Entre os detalles da convocatoria, cómpre salientar tamén que abre a posibilidade de contratar profesionais especializados no sector TIC e non só aqueles acreditados como xestores de exportación polo Igape. Isto é, a convocatoria permite incorporar profesionais con perfís moi adaptados ao sector, coñecidos previamente polas empresas, que no caso do sector TIC podería adapatarse ao perfil dun axente de ventas internacionais.

Solicítase aos socios que poidan ter interese que se poñan en contacto coa administración do Cluster. Se se reúne un número de empresas suficiente, convocarase unha reunión informativa.

Resumo executivo da convocatoria de Igape para a contratación de xestores de internacionalización

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies