Profesionais de recoñecido prestixio asesoran a emprendedores en Vindeira Venture Academy

Profesionais de recoñecido prestixio asesoran a emprendedores en Vindeira Venture Academy


O venres 30 de marzo púxose en marcha Vindeira Venture Academy (@VindeiraVA), a actividade de formación de emprendedores vencellada ao III Encontro Vindeira Capital Network (VCN 2012), que promove o Cluster TIC Galicia. Un módulo sobre temas de márketing, produto e modelos de negocio foi o contido da primeira sesión.

A Consellería de Economía e Industria, en colaboración con Vindeira-Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC, e a organizadora de Vindeira Venture Academy. O obxectivo é axudar a un grupo de emprendedores seleccionados da área das TIC a completar e mellorar a presentación dos seus proxectos, para expoñelos aos posibles investidores durante a celebración de VCN 2012, que terá lugar os días 10 e 11 de maio.

Os promotores dos proxectos seleccionados polo comité de VCN 2012, do que forma parte o Cluster TIC Galicia, contarán co asesoramento dunha ducia de profesionais de recoñecido prestixio no ámbito TIC, que desempeñarán labores de mentorización e consultoría para aumentar as posibilidades destas empresas de atopar financiamento por parte de fondos de capital risco e business angels. As sesións da “Vindeira Venture Academy” comezaron o día 30 en Santiago no edificio Emprendia, cun acto de apertura no que participou o director xeral de Xesgalicia, Juan Cividanes, quen expuxo as posibilidades de financiamento que achegan os fondos Xes-Innova e i2C, segundo se informou desde a Consellería de Economía e Industria.

Financiamento para proxectos innovadores

O encotro VCN 2012  é a última etapa dunha iniciativa que pretende poñer en contacto a analistas, conselleiros delegados e directores de investimento dos máis importantes fondos de capital risco e Business Angels en materia TIC de toda España con promotores de empresas tecnolóxicas. Na edición deste ano está prevista a implicación de preto de medio cento de investidores, tanto galegos como do ámbito nacional e internacional, que favorecerán o inicio de novas roldas de financiamento e afianzarán a rede de apoio á creación de start-ups do sector TIC en Galicia. VCN 2012 está organizada por Vindeira-Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC, XES Galicia, BIC Galicia, a Universidade de Santiado de Compostela, e promovido polo Clúster TIC Galicia e o IGAPE, coa colaboración de Uninvest/Unirisco.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies