A proposta do grupo de traballo de Marketing e eventos, o COES do pasado 20 decembro acordou dar prioridade ao proxecto de elaboración da nova web do Cluster TIC Galicia. Esta nova web deseñarase como unha auténtica plataforma de traballo e de soporte para todos os servizos do Cluster TIC, superando as carencias da actual.
Segundo a exposición que, en representación do grupo de traballo, Sebastián Santiago realizou ante o Comité Estratéxico, a posta en marcha da nova web é imprescindible para acadar os obxectivos de fidelización e captación de novos socios que se plantexan.
Outro dos proxectos nos que traballa o grupo é a organización dunha xornada de networking orientada a mellorar o coñecemento entre os membros do Cluster TIC Galicia.
Comentarios