No día de onte tivo lugar no CDTIC a Presentación da Convocatoria de Axudas 2012 do subprograma de Competitividade I+D do Plan Avanza.
Durante o acto interviron:
- Dna. Mª Ángeles Barragán Zorrilla, subdirectora general de Fomento de la Sociedad de la Información de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información. Ministerio de Industria, Energía y Turismo.
- Dna. Yolanda García Ulla, directora do Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Xunta de Galicia
O obxectivo desta sesión informativa foi presentar a Convocatoria de axudas 2012 do subprograma de Competitividade I+D enmarcado no Plan Avanza que o Ministerio de Industria, Energía y Turismo (MINETUR), a través da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, publicou o pasado 7 de xuño, para o desenvolvemento de proxectos innovadores por unha contía de 533 millóns de euros.
Aquí poderán decargar a documentación utilizada durante o acto celebrado no día de onte.
Presentación Convocatoria Competitividade I+D 2012
Resumo Executivo Convocatoria 2012 Competividade I+D
Comments