Ponse en marcha o proceso para que os socios poidan crear spin-outs e participar en VCN 2012

Ponse en marcha o proceso para que os socios poidan crear spin-outs e participar en VCN 2012


Dentro do conxunto de actividades que integran a a terceira edición de Vindeira Capital Network (VNC 2012) inclúese unha iniciativa para a deteccion de spin-outs. Trátase dunha actividade especialmente dirixida aos socios do Cluster TIC Galicia, que é o principal promotor de VCN 2012, e que xa está en marcha.O obxectivo desta iniciativa é detectar oportunidades de negocio baseadas en tecnoloxías desenvolvidas dentro de empresas xa existentes. Para estas empresas matriz, a creación de spin-outs pode traducirse en beneficios financeiros, tecnolóxicos e estratéxicos.VCN 2012 ofrece un proceso de detección de spin-outs con formato online. As empresas interesadas en participar nel deberán poñerse en contacto coa secretaría técnica de Vindeira, que  atenderá as consultas e apoiará a preparación de propostas. Este contacto pode establecerse por correo electrónico, por teléfono ou en reunión persoal se a empresa así o solicita.As spin-outs que sexan detectadas pasarán por unha breve fase de formación e poderán participar no III Encontro VCN, no que terán a oportunidade de recabar financiamento dos máis importantes fondos de capital risco e business angels especializados no sector TIC.Documento: Conceptos básicos en torno ás spin-outsDatos para o contacto coa  secretaría técnica de VindeiraTlf: 986-813406 Móvil:634-776441http://www.vindeira.orgETSI Telecomunicación, Lagoas Marcosende s/n. 36310 Vigo

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies