O Cluster TIC Galicia ven de poñer en marcha a súa nova páxina web. Trátase dunha ferramenta de comunicación que nace coa vocación de ser unha referencia informativa para o sector e unha plataforma de servizos para os socios da entidade.
A nova web inclúe seccións de información corporativa
sobre o Cluster, fichas de todas as empresas asociadas, depósitos de documentos, información sobre os grupos de traballo, un área de comunicación con novas e ofertas para os socios e unha axenda de eventos, entre outros contidos. Proximamente completarase cunha intranet de acceso exclusivo para os socios, que terán nela un espazo de traballo.
O proxecto do novo sitio do Cluster en Internet foi impulsado polo grupo de traballo de Marketing e Comunicación e executado de acordo coas especificacións aprobadas polo Comité Estratéxico.
Comments