Unha representación do Cluster TIC Galicia integrada polo seu presidente, Rafael Valcarce, o xerente, David Trigo, e o presidente do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, Juan Carlos Suárez, reuniuse co rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o vicerrector desta institución académica, José Manuel García Vázquez, e o director do gabinete do rector.
O obxectivo da xuntanza foi a posta en marcha dunha colaboración que deberá abranguer eidos como a investigación, a transferencia tecnolóxica e a definición de plans académicos. Todo iso cunha orientación cara a favorecer o desenvolvemento dos sectores estratéxicos da economía galega e a internacionalización das empresas TIC.
Mato compartiu as propostas iniciais para a posta en marcha do futuro Pacto Tecnolóxico-Industrial de Galicia, que promove o Cluster e que debe contemplar a educación como unha das súas pezas mestras.
Nas próximas reunións de COES e CODI darase conta detallada do contido da reunión.
Comentarios