Plexus logra introducir a súa solución para a xestión de turnos de pacientes en hospitais do sistema público escocés

Plexus logra introducir a súa solución para a xestión de turnos de pacientes en hospitais do sistema público escocés


A tecnolóxica implanta o sistema Quenda Medic nos centros Southern General e Yorkhill Childrens Hospital de Glasgow

A compañía tecnolóxica Plexus, de orixe galega, comeza un proxecto nos hospitais Southern General e Yorkhill Childrens Hospital en Glasgow (Escocia), dentro do proceso de internacionalización emprendido pola empresa fai xa máis de dous anos. Trala implantación o ano pasado do sistema de xestión de esperas e direccionamento de pacientes Quenda Medic no hospital Queen Alexandra en Portsmouth, Plexus firmou un acordo marco co Servizo Nacional de Saúde de Escocia (NSS).

Dito acordo dará servizo aos máis de 20 trusts e organizacións do sistema sanitario escocés que o requiran e que suman un total de 190 hospitais e organizacións relacionadas coa sanidade.
 
Plexus conseguiu o proxecto a través dunha licitación pública de homologación do Servizo Nacional de Salúde de Escocia, e foi o Nacional Health Service Glasgow and Clide (NHSGGC) a primeira organización en contratar a solución baixo este acordo marco. Os responsables da compañía tecnolóxica prevén un desplegue progresivo do sistema hasta abarcar os dous hospitais mencionados no mes de maio.
 
Antonio Agrasar, conselleiro delegado de Plexus, destaca que o servizo de salúde público escocés valorara “moi positivamente o alto grado de implantación da solución Quenda Medic en hospitais de referencia en España, as súas funcionalidades, a capacidade de integración e a experiencia previa da compañía en Portsmouth”.
 
Quenda Medic é unha innovadora solución para a xestión de turnos en hospitais que xa colleitaron éxitos en Galicia e o resto de España. Este sistema ideado por Plexus apoia e incluso substitúe ao persoal dos servizos de obtención de cita, recepción, asignación de turnos de atención e acceso dos usuarios aos servizos sanitarios que necesiten. A plataforma permite, ademais, a integración con sistemas propios do complexo hospitalario. 
 
Quenda Medic supón unha mellora na capacidade de traballo do persoal sanitario, posto que permite focalizar os seus esforzos na atención ao usuario final e obviar trámites administrativos, á vez que reduce o tempo de espera nas salas. As pantallas da plataforma difunden contidos dixitais que, ademais de facilitar a circulación de pacientes de consultas externas, promocionan hábitos de vida saudable, ou calquera tipo de información sobre saúde.
 
Trátase dun sistema que Plexus implantou con éxito en outros centros, entre os que están o hospital 12 de Outubro en Madrid, o Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo de A Coruña, o Hospital Universitario Lucus Augusti en Lugo e o Hospital Clinic de Barcelona.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies