Participación na organización de SITE 2010

Participación na organización de SITE 2010


O Cluster TIC Galicia participa na organización do Salón Internacional de Tecnoloxía SITE 2010, que se celebrará na Coruña entre os días 17 e 18 do vindeiro mes de novembro. O encontro ten un carácter netamente profesional, orientado a directivos de Banca, Telecomunicacións e Administracións Pública, así como a directores de Sistemas, de Innovación e de Internacionalización de todo tipo de empresas.

SITE 2010 inclúe unha feira e máis un congreso que se desenvolverán en paralelo. Os temas centrais do congreso serán Internacionalización e comercio electrónico; Interoperabilidad coas Administraciones Públicas; Modelos de Desenvolvemento Tecnolóxico en Banca, Xestión da Innovación e Avances tecnolóxicos para un mundo de transaccións.

O presidente do Cluster TIC Galicia, Rafael Valcarce Baiget, forma parte do Comité de Honor de SITE 2010 e o secretario do Cluster, Jorge Cebreiros Arce, está ingegrado no Comité Organizador.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies