Os socios participan na elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia

Os socios participan na elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia


Tal e como vimos comentando nas últimas semanas, RIS3 (Research & Innovation Strategies for Smart Specialisation) ten por finalidade impulsar, sobre a base da innovación, o crecemento económico, e optimizar a eficiencia dos investimentos.
Esta estratexia é unha condición ex ante para os obxectivos de innovación do próximo marco de financiamento 2014 - 2020 dos fondos estruturais da Unión Europea.

O proceso de elaboración da RIS3 está baseado nun proceso participativo de descubrimento emprendedor. Nos últimos meses, os diferentes grupos de traballo (GT) de ámbito sectorial e sobre tecnoloxías horizontais estiveron desenvolvendo a súa actividade, coa participación activa do Clúster TIC Galicia.


Despois da xuntanza organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) o pasado 11 de xuño, o Clúster TIC Galicia remitiu a todos os seus socios o cuestionario de avaliavición de RIS3 elaborado no marco do Grupo de Traballo de Políticas Horizontais e Instrumentos Financeiros (GT2). O cuestionario remitido, que contén os comentarios e valoración previa da administración do Cluster TIC Galicia, ten coma obxectivo coñecer a opinión e valoración dos socios sobre as liñas de axudas do periodo 2007-2010 así como participar, coas súas propostas de mellora, no deseño dos instrumentos financieiros do periodo 2014-2020.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies