Os socios do Cluster, convidados á Semana da Intelixencia Competitiva

Os socios do Cluster, convidados á Semana da Intelixencia Competitiva


Desde o 28 de Marzo ao 1 de abril desenvolveuse en Santiago a Semana da Intelixencia Competitiva, promovida pola Consellería de Economía e Industria e organizada polo IGAPE para acelerar a internacionalización das empresas galegas mediante a colaboración cos clusters onde se agrupan. Tratouse dun conxunto de cinco xornadas plantexadas para achegar ás empresas que desexan explorar as claves e as habilidades necesarias para planificar e desenvolver con éxito as súas estratexias de proxección exterior.

Os socios do cluster TIC Galicia foron convidados a participarna xornada do 31 de marzo, adicaca aos sectores da industria textil, das enerxías renovables e das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC). Esta xornada foi a que contou cunha maior demanda de prazas.

A Intelixencia Competitiva incorpora unha metodoloxía que permite planificar estratexicamente, solucionar problemas concretos e determinar cales son as opcións máis vantaxosas, así como identificar oportunidades e ameazas dunha maneira precisa, axudando, polo tanto, a tomar decisións correctas que se traduzan en beneficios económicos.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies