Os socios, convidados ao encontro con especialistas en investimento no Reino Unido que terá lugar o 12 de xuño

Os socios, convidados ao encontro con especialistas en investimento no Reino Unido que terá lugar o 12 de xuño


O Grupo de Traballo de Internacionalización continúa a desenvolver accións co Departamento de Investimentos ou Expansión Internacional da Embaixada do Reino Unido en Madrid, representado por Cristina Monteiro, trala primeira reunión o pasado 21 de marzo.

Co obxectivo de facilitar ás empresas do noso sector a posibilidade de establecerse no Reino Unido, un mercado que ofrece interesantes oportunidades de negocio nos sectores TIC e e-Health, desta vez estase a organizar un encontro informativo con James Blakemore, director da empresa JMB, especializada na procura de clientes e socios no Reino Unido. Blakemore estará acompañado por Cristina Monteiro, asesora de Expansión Internacional da Embaixada Británica en Madrid.

O encontro será o mércores 12 de xuño de 17 a 18 horas, en Santiago de Compostela. Prégase aos socios interesados en asistir e explorar as posibilidades de implantarse en Gran Bretaña, que se poñan en contacto coa Administración do Clúster.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies