Os socios comezan a participar no proceso de deteccion de spin-outs de VCN 2012

Os socios comezan a participar no proceso de deteccion de spin-outs de VCN 2012


Varios socios do Cluster teñen comezado a interesarse polo proceso para a creacións de spin-outs empresariais que poderán participara no evento de captación de financiamento Vindeira Capital Network (VCN2012).Dentro do conxunto de actividades que integran VNC 2012, a iniciativa de detección de spin-outs é unha actividade especialmente dirixida aos membros do Cluster TIC Galicia, que é o principal promotor do evento.O obxectivo  é identificar oportunidades de negocio baseadas en tecnoloxías desenvolvidas dentro de empresas xa existentes. Para estas empresas matriz, a creación de spin-outs pode traducirse en beneficios financeiros, tecnolóxicos e estratéxicos.As spin-outs que xurdan de empresas consolidadas integradas no Cluster non terán que pasar o proceso de seleccion de proxectos de VCN 2012, e accederán directamente ao encontro cos representantes de fondos de capital risco e business angels dos días 10 e 11 de maio. Este encontro mobilizará carteiras de inversión con 40 millóns de euros.Unha fórmula para tirar rendemento de liñas de traballo actuaisO proceso de detección de spin-outs ten formato online. As empresas interesadas en participar nel deben poñerse en contacto coa secretaría técnica de Vindeira. Este contacto pode establecerse por correo electrónico, por teléfono ou en reunión persoal.

Unha spin-out é un proceso polo cal unha sociedad segrega unha parta das súas liñas de negocio ou departamentos para crear unha nova empresa. VCN 2012 ofrece apoio ás empresas do Cluster para levar a cabo esta operacion: identificando liñas de negocio con potencial de crecemento e asesorando na formación dun equipo técnico e administrativo e na redacción do necesario acordo de explotación entre a matriz e a spin-out. Deste xeito, actúa como incubadora do proxecto e pon ao seu alcance a gran oportuidade de captar financiamento privado externo que representa o encontro con fondos de capital risco e business angels. O servizo inclúe tamén formación específica para a presentación do proxecto ante os inversores.En principio non hai unha data límite para a presentación de solicitudes. Con todo, os interesados deben saber que, por motivos opertivos, o proceso debe porse en marcha como mínimo un mes antes da celebración do encontro con financiadores.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies