Os proxectos ‘smart’ galegos, modelos exportábeis e de interese para os convidados internacionais

Os proxectos ‘smart’ galegos, modelos exportábeis e de interese para os convidados internacionais



























O Clúster TIC Galicia está desenvolvendo a súa II Misión Comercial Inversa centrando obxectivos e esforzos na apertura de negocio en países latinoamericanos.
Desde o día 10 e até o próximo domingo 14 de xuño, o Clúster TIC está reforzando o seu traballo en materia de internacionalización coa creación de sinerxías con empresas e entidades, semellantes á nosa, de Colombia, Ecuador e Portugal. Unha oportunidade de coñecer a situación e as estratexias que se están executando nestes países.
A xornada completa do día do xoves estivo centrada nas entidades socias do Clúster. Desde as 9 ás 18 horas, o Clúster organizou distintas actividades para potenciar o coñecemento entre os socios e as empresas e entidades internacionais.
A sesión da mañá dedicouse a dar unha visión xeral das capacidades e competencias TIC de Galicia e á realización das presentacións xerais de cada participante. Estas pecháronse coa realización de dúas mesas temáticas, a primeira sobre “a estratexia TIC do sector público en Galicia” na que participaron a Axencia de Innovación de Galicia (GAIN), o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). A segunda dedicouse á “modernización do territorio” na que se expuxo o caso de éxito do proxecto Coruña Smart City.
A sesión da tarde comezouse co ‘cóctel|networking’ como preámbulo á realización das “Bis a Bis”, reunións pre-solicitadas acorde aos intereses dos participantes.
A xornada finalizou cunha nova oportunidade de networking, a cena,  na que se buscou afianzar coñecementos e negocios despois dos datos que se obtiveron durante todo o día. 
Participantes locais na Misión
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).-
Principal organismo de apoio á internacionalización das empresas, responsable da política de clústeres en Galicia e coordinador da Axenda para a Competitividade Industrial de Galicia – Industria 4.0
Organismos I+D+i TIC en Galicia.- Centro de investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación – Universidade de Vigo (AtlantTIC), Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións – Universidade de A Coruña (CITIC), Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información – Universidade de Santiago de Compostela (CiTiUS) e Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT).
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
.- Responsable dos programas de apoio á I+D e da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) para Galicia. Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia (SERGAS).- Principal impulsor de dous grandes proxectos de innovación con forte compoñente TIC no ámbito sanitario, InnovaSaúde e Hospital 2050
Coruña Smart City.- Proxecto pioneiro en Galicia para as cidades intelixentes
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
.- Encargada das políticas TIC da Administración Pública mediante o programa TransformaTIC e a Axenda Dixital de Galicia  

Participantes Internacionais na Misión

Cluster TIC de Medellín
.- Organismo que aglutina as entidades TIC das zonas de Medellín e Antioquía en Colombia
Ruta N –Medellinnovation
.- Centro de Innovación e Negocios creado pola Alcaldía de Medellín, UNE y EPM FEDESOFT.- Federación Colombiana de Industrias do Software e Tecnoloxías da Información
FEDESOFT – VERTICAL DE LA SALUD
.- Representante específico da vertical de saúde de FEDESOFT
TICE.PT
.- Organismo que agrupa as entidades TIC, públicas e privadas, de todo Portugal
Globalmedia Telecomunicaciones
.- Operador colombiano de telecomunicacións
Heinsohn
.- Empresa colombiana especializada no desenvolvemento e implementación de software empresarial
Internexa
.- Provedor colombiano de redes e servizos de telecomunicacións
PuntoFácil
.- Empresa colombiana de distribución de recargas
Ubiquo Telemedicina
.- Desenvolvemento de proxectos TIC no ámbito sanitario (Colombia)
Teleamazonas
.- Operador de telecomunicacións en Ecuador   A posta en marcha desta Misión Inversa alíñase coa política de clústeres que se impulsa desde a Unión Europea e responde a unha das prioridades do sector TIC galego, como é a necesidade de sumar forzas entre empresas e entidades para desenvolver plataformas de acceso aos mercados onde hai importantes oportunidades de crecemento, como son neste caso os mercados latinoamericanos. A iniciativa conta coa cofinanciación do IGAPE e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través da liña de axudas aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies